Xornada. Os recursos minerais e o sector da enerxía | Vigo 28/10

A transición enerxética precisa cada vez máis de recursos minerais para facer realidade os proxectos renovables, o almacenamento e as tecnoloxías limpas. Galicia conta cunha longa tradición mineira e cun sector enerxético en pleno crecemento, dúas realidades que deben camiñar da man para acadar unha transición sostible e con valor engadido para o territorio.

Nesta xornada poñeranse en común as necesidades e oportunidades que comparten ambos sectores, desde o papel das materias primas nos proxectos enerxéticos ata o impacto que estes teñen na actividade mineira. Ademais, abordarase un tema clave: a formación de novos profesionais especializados, imprescindibles para afrontar os retos técnicos e ambientais do futuro.

Xornada. Os recursos minerais e o sector da enerxía

Organiza: Cluergal, en colaboración coa Xunta de Galicia
Lugar: Círculo de Empresarios de Galicia, Vigo (Rúa García Barbón, 62 – Ver mapa).
Data: Martes, 28 de outubro de 2025 · Dende as 09:30 h

Programa:

09:30 · Café de benvida

10:00 · Apertura institucional

  • Oriol Sarmiento Díez | xerente de Cluergal
  • Pablo Fernández Vila | director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia

10:20 · Mesa debate: Necesidades de materias primas para os proxectos enerxéticos.

  • Celso Penche | Cobre San Rafael
  • José Luis Corbacho | Samca
  • María Modino | Áridos do Mendo
  • Cecilia Trancón | Cámara Mineira de Galicia

Modera: Luisa Rodríguez | Atrevia

11:00 · Mesa debate: A importancia do desenvolvemento de proxectos enerxéticos para a minería.

  • Aitor Puente | Asociación Galega de Áridos (Arigal)
  • Carlos Martínez Torres | Recursos de Galicia (RDG)
  • José Ángel Lorenzo | Clúster do Granito de Galicia

Modera: Oriol Sarmiento | Cluergal

11:40 · Café networking

12:20 · Mesa debate: Necesidades formativas: enxeñeiros de minas no ámbito enerxético.

  • Elena Alonso | Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía, Universidade de Vigo
  • Juan Ricoy | Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas
  • Amadeo Laforga | Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas

Modera: Arantxa Prado | Cámara Mineira de Galicia

13:00 · Ponencia: Autoconsumo, eficiencia enerxética e CAEs no sector mineiro.

  • Diego Casal Ramos | subdirector xeral de Recursos Minerais da Xunta de Galicia.

13:30 · Peche.

  • José Ramón Franco | presidente de Cluergal

A asistencia é libre e de balde. É necesario inscribirse a través deste: