O pasado venres 9 de maio, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) celebrou en Vigo a xornada de conclusións do seu ciclo de Obradoiros sobre Sustentabilidade e Economía Circular.
Este programa, desenvolvido desde o mes de marzo co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), abordou aspectos clave como a mobilidade sostible, a xestón da auga, a eficiencia enerxética en edificios, a iluminación sostible ou a infraestrutura verde.
O evento, que tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia, comezou coa intervención de Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, quen destacou a importancia da sustentabilidade nas empresas do sector enerxético. A continuación, Alberto Álvarez, de Innplica, presentou os principais resultados dos obradoiros realizados nos últimos meses.
A xornada contou con Eladio Otero, representante do IGAPE. Na súa intervención presentou diferentes programas de axudas que se desenvolven dende este ente público.
O evento pechouse cunha conversa sobre «economía circular: o modelo Green Factory de Stellantis Vigo entre Rogelio Méndez, responsable de Medioambiente de STELLANTIS e a consultora Andrea Alonso.

