IV Foro de Formación e Emprego ENERFORUM 2025 | Santiago 08/10

O próximo 8 de outubro (en horario de tarde), Cluergal organiza en Santiago a cuarta edición do foro de formación e emprego no sector enerxético, ENERFORUM 2025.

O Foro, que celebrou xa tres edicións, en Santiago (2022),  A Coruña (2023) e Santiago (2024), concíbese como un punto de encontro entre empresas do eido enerxético e os profesionais interesados en formarse e/ou desenvolver a súa carreira neste sector.

Este ano, o evento celébrase na Cidade da Cultura de Santiago, no marco dos Energy Days organizados esa semana por Cluergal. O acceso a este evento é libre.

No evento, os responsable das empresas presentarán os seús proxectos e os perfís profesionais que demandan (formato «elevator speech»). Finalizará coa entrega de diplomas dos cursos de Cluergal de 2024 e 2025 (poderánse recoller tamén de edicións anteriores).

PROGRAMA:

16:00 Café de benvida.

16:15 Mesa debate. Presente e futuro da formación no sector enerxético.

  • José A. Rodríguez Añón – MERYCSE – Universidade de Santiago
  • Jose Rodríguez González – CIFP Valentín Paz Andrade Vigo
  • Vicente Díaz – EPEF Universidade da Coruña
  • Enrique Pazo- CIFP Ferrolterra
  • Juan Poceiro- CIFP Laboral Coruña
  • Paulo Barbosa – AEVA Vieira do Minho
  • Modera: Andrea Alonso – consultora de Recursos Humanos

17:15 Presentación de empresas e demandas de emprego.

18:00 Presentación de resultados dos cursos de Cluergal 2024-2025.

18:10 Intervención alumno.

18:20 Intervención profesor.

18:30 Entrega de diplomas dos cursos de Cluergal 2024-2025.

18:45 Peche do acto a cargo de Zeltia Lado, Directora Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta de Galicia.

19:00 Networking.

INSCRICIÓNS:

PARA ASISTENTES

A asistencia é libre. Poden asistir persoas interesadas en coñecer postos vacantes no sector, alumnos que veñan a recoller o seu diploma ou calquera interesado no sector enerxético. Pódese facer a inscrición a través deste:

PARA EMPRESAS

A participación é aberta e gratuita para membros de Cluergal. Poderán participar nas breves presentacións de 2 minutos no acto que se celebra no salón de actos. Pódese facer a inscrición a través deste: