Celebrado un novo obradoiro sobre infraestrutura verde

O pasado martes 29 de abril de 2025 celebrouse o quinto obradoiro do ciclo de Sustentabilidade e Economía Circular, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, estivo adicado á infraestrutura verde,

A xornada iniciouse coa intervención de Alberto Álvarez de INNPLICA. A primeira presentación estivo adicada a «Comunidades energéticas o la cuadratura del círculo», por Miguel Rodríguez Morgado de ECORÉS e a continuación «Soluciones avanzadas para impulsar la sostenibilidad integral en construcción en madera» por Stephany Arrejuría de CETIM.

O ciclo de obradoiros finaliza coa xornada de conclusións que se celebrará en Vigo o próximo 9 de maio.