Celebrado un novo obradoiro sobre iluminación sostible

O pasado martes 22 de abril de 2025 celebrouse o cuarto obradoiro do ciclo de Sustentabilidade e Economía Circular, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, estivo adicado á iluminación sostible.

A xornada iniciouse coas intervencións de Alberto Álvarez e Emilio Expósito, de INNPLICA. A primeira presentación estivo adicada a “La Iluminación aliada en el proceso productivo. Soluciones adicionales al ahorro energético” por Jorge Boquete Rodríguez de LEDISSON LIGHTING a a continuación “Iluminando o futuro: Reparabilidade e Sostibilidade” por Jorge Montealegre de MOONOFF.

O próximo obradoiro adicado á infraestrurura verde celébrase o 29 de abril e a xornada de conclusións será en Vigo o próximo 9 de maio.