Dende o pasado mes de marzo, Cluergal ven organizando un ciclo de Obradoiros sobre Sustentabilidade e Economía Circular. Neles expuséronse temáticas de máximo interés do sector como a mobilidade sostible, a xestón da auga, a eficiencia enerxética en edificios, a iluminación sostible ou a infraestrutura verde.
Para rematar o ciclo, Cluergal organiza, o próximo venres 9 de maio ás 13h00, unha xornada de conclusións do ciclo. O evento celébrase no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo (R/ García Barbón 62), co seguinte:
PROGRAMA:
– Intervencións de apertura. Representantes de Cluergal e do Igape.
– Difusión de resultados do ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular. Alberto Álvarez. Innplica.
– «Economía circular: el modelo Green Factory de Stellantis Vigo«. Conversación con Rogelio Méndez, responsable de Medioambiente de STELLANTIS, moderado pola consultora empresarial Andrea Alonso.
O evento é aberto ao público. Para asistir é necesario inscribirse previamente:
Este ciclo de Obradoiros está organizado por Cluergal, coa colaboración financiera do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

