Celebrado un novo obradoiro sobre eficiencia enerxética

O pasado martes 8 de abril de 2025 celebrouse o terceiro obradoiro do ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, estivo adicado á eficiencia enerxética de edificios.

A xornada iniciouse coas intervencións de Oriol Sarmiento, xerente de CLUERGAL, e de Alberto Álvarez e Emilio Expósito, de INNPLICA. A primeira intervención foi a de Fernando Blanco, da revista Dínamo Técnica e a continuación foi a quenda de Silvia Fernández, de Eurofred.