A iluminación sostible representa unha solución clave para reducir o impacto ambiental do consumo eléctrico, promovendo a eficiencia enerxética mediante tecnoloxías como as lámpadas LED.
Ademais dos beneficios ambientais, mellora a saúde e o benestar das persoas ao favorecer contornos máis naturais e confortables, e supón tamén un aforro económico a longo prazo, ao reducir o consumo enerxético e os residuos, contribuíndo así á loita contra o cambio climático.
PROGRAMA:
– Apertura do evento.
– «Configuración da solución dixital sectorial» – Alberto Álvarez – INNPLICA
– “La Iluminación aliada en el proceso productivo. Soluciones adicionales al ahorro energético”. – Jorge Boquete Rodríguez – LEDISSON LIGHTING
– “Iluminando o futuro: Reparabilidade e Sostibilidade” – Jorge Montealegre – MOONOFF
O obradoiro celébrase o martes 22 de abril de 2025, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:
Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular. Está organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

