Celebrado un novo obradoiro sobre xestión da auga

O pasado martes 1 de abril de 2025 celebrouse o segundo obradoiro do ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, estivo adicado á xestión da auga.

A xornada iniciouse coas intervencións de Oriol Sarmiento, xerente de CLUERGAL, e de Alberto Álvarez, de INNPLICA. A primeira intervención foi a de Cristina Martínez do centro tecnolóxico CETIM e a continuación foi a quenda de Gonzalo Varela, de TEVALCOR.