Obradoiro. Eficiencia Enerxética en Edificios (08/04)

A eficiencia enerxética nos edificios é fundamental na loita contra o cambio climático, xa que estes representan unha parte importante do consumo enerxético e das emisións de gases de efecto invernadoiro. A súa implementación require tecnoloxías innovadoras e deseños sostibles, como a iluminación LED, un bo illamento ou a integración de enerxías renovables.

Ademais dos beneficios ambientais, estas medidas permiten aforros económicos importantes e ofrecen un bo retorno do investimento. Nun contexto de crecente compromiso coa sustentabilidade, os edificios eficientes impulsan a innovación e contribúen a un futuro máis próspero e resiliente.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. 

– «Solucións tecnolóxicas sectoriais». Alberto Álvarez – INNPLICA. 

– “Eficiencia energética en edificios” – Fernando Blanco Silva – DÍNAMO TÉCNICA

– “Propuestas para rehabilitación de instalaciones térmicas centralizadas” – Silvia Fernández – EUROFRED

O obradoiro celébrase o martes 8 de abril de 2025, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular. Está organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.