Celebrado un novo obradoiro de mobilidade sostible

O pasado martes 25 de marzo de 2025 celebrouse o primeiro obradoiro do novo ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, reuniu a expertos nesta área para afondar no papel clave da mobilidade sostible na transición ecolóxica e na descarbonización da economía.

A xornada iniciouse coas intervencións de Oriol Sarmiento e Nonito Aneiros, xerente e secretario de CLUERGAL, e de Alberto Álvarez, de INNPLICA. O primeiro relator foi Juan Ansedes, de BUREAU VERITAS, sobre «Futura ley de movilidad sostenible: impacto para las empresas». A continuación expuso Alejandro Pardo de SGS sobre «Los retos de la infraestructura de recarga pública en España».