Obradoiro. Mobilidade sostible (25/03)

A mobilidade sostible é clave para afrontar os retos da conxestión urbana, a contaminación e o cambio climático. Este obradoiro explorará como a transición cara a vehículos limpos, a expansión da infraestrutura de carga e as políticas de apoio están a redefinir a forma en que nos movemos.

Abordaremos os desafíos e oportunidades deste cambio, destacando o papel fundamental da colaboración entre gobernos, empresas e cidadanía para construír un futuro máis eficiente, equitativo e respectuoso co medio ambiente.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. 

– «Diagnósticos individuais de dixitalización». Alberto Álvarez – INNPLICA.

 “Los retos de la infraestructura de recarga pública en España» – Alejandro Pardo – SGS.

– “Futura ley de movilidad sostenible: impacto para las empresas” – Juan Ansedes – BUREAU VERITAS.

O obradoiro celébrase o martes 25 de marzo de 2025, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros de Sustentabilidade e Economía Circular. Está organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.