Celebrado un novo obradoiro de dixitalización do mantemento

Este xoves 13 de febreiro de 2025 celebrouse un novo obradoiro do ciclo Obradoiros de Enerxía e Dixitalización, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, reuniu a expertos do sector para afondar no papel clave da dixitalización da xestión enerxética.

A xornada iniciouse coa intervención de Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL, e de Alberto Álvarez, de INNPLICA, que presentou a súa exposición sobre «Financiamento público para a solución dixital sectorial».

No obradoiro participaron Duarte Borrás, de SKF Group, coa presentación sobre “Impulsa o mantemento dos teus equipos – dixitalización e automatización” e Álex Blanco, de Genesal Energy sobre “Realidade aumentada no entorno de grupos electróxenos”.