O pasado martes 11 de febreiro de 2025 celebrouse un novo obradoiro do ciclo Obradoiros de Enerxía e Dixitalización, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, reuniu a expertos do sector para afondar no papel clave da dixitalización da xestión enerxética.
A xornada iniciouse coa intervención de Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL, e de Alberto Álvarez, de INNPLICA, que presentou a súa exposición sobre «Configuración da solución dixital sectorial», expoñendo os desafíos e oportunidades que enfronta o sector na súa transformación dixital.
O obradoiro abriuse con Eva Méndez, de ITG, cunha presentación sobre «Ferramentas dixitais para a xestión intelixente da enerxía». Posteriormente interviron Anxo Feijoo, de Ecomt sobre «Instalacións intelixentes: cómo optimizan o uso de enerxía» e Carlos Vázquez-Pimentel, de CO2 Smart Tech, sobre «Monitorización enerxética no sector industrial. Casos de éxito».
