O pasado martes 4 de febreiro de 2025 celebrouse un novo obradoiro do ciclo Obradoiros de Enerxía e Dixitalización, organizado por CLUERGAL e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O evento, desenvolvido en formato híbrido, reuniu a expertos do sector para afondar no papel clave da dixitalización das redes eléctricas.
A xornada iniciou coa intervención de Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL, e de Emilio Martínez, de INNPLICA, que presentou a súa exposición sobre «Solucións tecnolóxicas sectoriais», expoñendo os desafíos e oportunidades que enfronta o sector na súa transformación dixital.
O primeiro relator foi Mariano Gaudó, de UFD, sobre «Dixitalización das redes eléctricas de distribución: retos e oportunidades». A continuación expuso Samuel Ormaechea, de ITG, sobre «iPowerLab: control intelixente de microrredes renovables». Finalmente pechou Javier Colón de Neuro Energía cunha exposición sobre «Ferrramenta de xestión para comunidades de enerxía renovable».
