Este venres 14 de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Enerxía, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e a revista de enxeñería e enerxía Dínamo Técnica celebrarán en Santiago de Compostela a cuarta edición dos Premios ENERXÉTICOS 2025.
Como en anos anteriores, o evento desenvolverase en formato xantar e contará cun compoñente benéfico. Nesta edición, os fondos recadados a través das doazóns dos asistentes destinaranse a cubrir os gastos de reconstrución polos danos causados pola recente DANA, que afectou amplas zonas da Península e Baleares entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024.
Durante o evento recoñecerase a traxectoria de seis profesionais do sector enerxético en Galicia. Os galardoados deste ano son:
- María Couto Alonso, CEO de Xallas Electricidad e Aleaciones, S.A.U. (Xeal)
- Andrés Montero Dopico, delegado de operacións de Nedgia en Galicia
- Laura Rodríguez Couce, directora de desenvolvemento de negocio de Instra Ingenieros
- Santiago González Veiga, director de Integria
- María Luz Rivas Díaz, directora en Galicia de PreZero
- Pablo Echegaray Busto, xerente de Garaysa
O xurado estivo composto por membros do Comité Editorial da revista Dínamo Técnica, que valoraron tanto a traxectoria profesional dos novos ENERXÉTICOS como as accións destacables que levaron a cabo no sector durante o último ano.
Este evento consolídase como unha cita de referencia no sector enerxético galego, recoñecendo a labor e o compromiso dos profesionais que impulsan o desenvolvemento sostible e a innovación no eido das enerxías renovables.
É posible asistir ao xantar facendo a inscrición neste ENLACE.
