Nova edición do curso gratuito de sostibilidade ambiental de Cluergal

Cluergal, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia, organiza unha nova edición do seu curso gratuito adicado á sostibilidade ambiental. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL).

O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 20 de febreiro e finaliza o 21 de marzo de 2025. O prazo de inscrición pecha o 12 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.