Obradoiro. Dixitalización do mantemento de activos enerxéticos (13/02)

Neste obradoiro analízase a dixitalización do mantemento de activos enerxéticos como parte esencial para garantir a fiabilidade e eficiencia das infraestruturas. A través de tecnoloxías como IoT, sensores intelixentes e análise de datos en tempo real, as empresas poden monitorizar o rendemento dos activos, anticipar fallos e optimizar o mantemento preventivo. Isto mellora a confiabilidade operativa, reduce custos e aumenta a eficiencia enerxética. Ademais, o mantemento predictivo permite planificar intervencións con precisión, evitando paradas inesperadas e favorecendo un uso máis eficiente dos recursos.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. 

– «Financiamento público para a solución dixital sectorial» – Alberto Álvarez – INNPLICA

– “Impulsa o mantemento dos teus equipos – dixitalización e automatización” – Duarte Borrás – SKF Group.

– “Realidade aumentada no entorno de grupos electróxenos” – Álex Blanco – Genesal Energy.

O obradoiro celébrase o xoves 13 de febreiro de 2025, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Dixitalización. Enerxía e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.