Obradoiro. Dixitalización da xestión enerxética (11/02)

Neste obradoiro analízase a dixitalización da xestión enerxética como clave na transformación do consumo e distribución da enerxía, integrando tecnoloxías avanzadas como IoT, análise de datos en tempo real e sistemas de xestión enerxética. Isto permite optimizar operacións, mellorar a eficiencia e reducir custos mediante a monitorización e automatización. Ademais, facilita a identificación de patróns de consumo e a adaptación da oferta á demanda, promovendo un uso máis sostible da enerxía. Ao proporcionar información detallada, empodera aos consumidores para tomar decisións máis conscientes e contribuír a un futuro enerxético máis eficiente e sustentable.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. 

– «Configuración da solución dixital sectorial» – Alberto Álvarez – INNPLICA

– «Ferramentas dixitais para a xestión intelixente da enerxía»  – Eva Méndez – ITG

 «Instalacións intelixentes: cómo optimizan o uso de enerxía» – Anxo Feijoo – Ecomt

 «Monitorización enerxética no sector industrial. Casos de éxito» – Carlos Vázquez-Pimentel – CO2 Smart Tech

O obradoiro celébrase o martes 11 de febreiro de 2025, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Dixitalización. Enerxía e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.