Obradoiro. Dixitalización de redes eléctricas (04/02)

Neste obradoiro analízase a dixitalización das redes eléctricas, aspecto clave para modernizar e mellorar a eficiencia da infraestrutura enerxética. Mediante a incorporación de tecnoloxías como a automatización, a intelixencia artificial e a Internet das Cousas (IoT), estas redes evolúen cara a sistemas máis intelixentes e adaptables, permitindo a monitorización en tempo real, a integración de enerxías renovables e o axuste dinámico entre a oferta e a demanda de electricidade. Ademais, melloran a resiliencia fronte a eventos imprevistos, reducen as perdas enerxéticas e fomentan unha participación máis activa dos usuarios a través de medidores intelixentes e ferramentas para xestionar o consumo de forma eficiente.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. 

– «Solucións tecnolóxicas sectoriais.». Alberto Álvarez Quiroga – INNPLICA. 

– «Dixitalización das redes eléctricas de distribución: retos e oportunidades» – Mariano Gaudó – UFD

– «iPowerLab: control intelixente de microrredes renovables» – Samuel Ormaechea – ITG

– «Ferrramenta de xestión para comunidades de enerxía renovable» – Javier Colón – Neuroenergía

O obradoiro celébrase o martes 4 de febreiro de 2025, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Dixitalización. Enerxía e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.