Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito de montaxe y mantemento de instalacións de xeotermia e enerxía solar aplicadas á climatización. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DE XEOTERMIA E ENERXÍA SOLAR APLICADAS Á CLIMATIZACIÓN).
O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 11 de febreiro e finaliza o 18 de marzo de 2025. O prazo de inscrición pecha o 3 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.

