Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre puntos de recarga de vehículo eléctrico. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULO ELÉCTRICO).
O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 6 de febreiro e finaliza o 13 de marzo de 2025. O prazo de inscrición pecha o 28 de xaneiro ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.

