Neste obradoiro expónse como a dixitalización é un pilar fundamental para maximizar o potencial das enerxías renovables, transformando a planificación, implementación e xestión de proxectos.
Tecnoloxías como a Internet das Cousas (IoT), o big data e a intelixencia artificial permiten unha supervisión en tempo real e un control máis preciso da xeración de enerxía. Isto optimiza a eficiencia operativa e mellora a capacidade de resposta ante variacións nas condicións climáticas e da demanda, fortalecendo a estabilidade e a fiabilidade das redes eléctricas.
Ademais, a dixitalización impulsa a innovación e fomenta a participación cidadá na transición enerxética. Ferramentas dixitais facilitan a creación de comunidades enerxéticas, permitindo aos consumidores xerar, compartir e vender a súa propia enerxía renovable. Así mesmo, a visualización de datos en tempo real sensibiliza á sociedade sobre a importancia das fontes limpas e o seu impacto na loita contra o cambio climático, reforzando así o compromiso colectivo cara a un futuro sustentable.
PROGRAMA:
– Apertura do evento. Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL.
– «Necesidades tecnolóxicas colectivas». Alberto Álvarez Quiroga – INNPLICA.
– “Dixitalización de empresas de autoconsumo fotovoltaico a través de tecnoloxía avanzada”. Julio E. Campo Macho – Pylon Data.
– “Intelixencia Artificial para a protección de aves en parques eólicos”. Laura Rodríguez Couce – Instra Ingenieros.
– “Xestión avanzada de sistemas híbridos: casos de uso” – Pablo Álvarez Rodríguez- ITG.
O obradoiro celébrase o martes 28 de xaneiro de 2025, dende as 09h00 ás 10h15, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:
Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Dixitalización. Enerxía e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.
