Novo curso gratuito de sostibilidade ambiental de Cluergal

Cluergal organiza un novo curso gratuito sobre sostibilidade ambiental. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL).

O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 30 de xaneiro e finaliza o 6 de marzo de 2025. O prazo de inscrición pecha o 21 de xaneiro ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.