Ciclo de workshops sobre enerxía eólica organizados por Cluergal

Este pasado mes de decembro rematou o ciclo de obradoiros organizado por Cluergal, coa colaboración da Xunta de Galicia, nos que participaron representantes de empresas e organizacións que interveñen directa e indirectamente na cadea de valor relacionada cos parques eólicos dende a súa planificación, deseño e fabricación ata a súa explotación. Neles fíxose análise do momento que vive o sector eólico a consecuencia da incerteza xurídica debida á paralización dos proxectos.

Estes encontros e debates con expertos do sector eólico serviron para poder contrastar as experiencias dende diferentes puntos de vista, analizando tanto a situación actual coma a proxección. En total foron 4 obradoiros celebrados en Ferrol, A Coruña, Santiago e de manera telemática.