Novo curso de instalacións térmicas de edificios de Cluergal

Cluergal organiza un novo curso gratuito sobre instalacións térmicas de edificios. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE INSTALACIÓNS TÉRMICAS DE EDIFICIOS).

O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 14 de xaneiro e finaliza o 18 de febreiro de 2025. O prazo de inscrición pecha o 2 de xaneiro ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.