Nova edición do curso de instalacións eléctricas de baixa tensión

Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre instalacións eléctricas de baixa tensión. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse neste ámbito, na súa nomativa e deseño (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento). Iníciase o próximo 22 de outubro e finaliza o 26 de novembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 12/10 ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.