O Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL), coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, organiza unha nova edición do Congreso ENERDIXITAL 2024, que terá lugar os vindeiros días 9 e 10 de outubro no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Este evento reunirá aos principais expertos e profesionais do sector das enerxías renovables e da dixitalización para expoñer as solucións máis innovadoras en relación á transición enerxética e á transformación dixital do sector.
Tras o éxito das dúas últimas edicións, celebradas en Ferrol e A Coruña, ENERDIXITAL volve cun programa ambicioso que abordará os principais retos e oportunidades das enerxías renovables, a eficiencia enerxética e as tecnoloxías 4.0.
As principais temáticas desta edición de ENERDIXITAL 2024 serán:
- Transición enerxética: Prsentaranse os principais avnaces no cambio de modelo enerxético, a importancia da minería e solucións dixitais para o sector e tamén para mobilidade eléctrica ou a xestión sostible do alumeado.
- Intelixencia Artificial e Tecnoloxías 4.0: Aplicacións da intelixencia artificial no sector enerxético e casos prácticos sobre a súa utilización para, por exemplo, comunidades enerxéticas ou a protección da avifauna nos parques eólicos. Tamén se falará de ciberseguridad ou realidade virtual.
- Dixitalización do sector enerxético e industrial: Innovación na xestión de sistemas enerxéticos híbridos, dixitalización de redes eléctricas e casos prácticos de industrias como Reganosa ou Navantia.
O programa completo e máis información sobre o evento xa está disponible a través da páxina web oficial: www.enerdixital.com.
Os interesados pódense inscribir a través deste: