Nova edición do curso de biomasa

Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre biomasa. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse nesta tecnoloxía de xeración enerxética renovable, coñecendo, entre ouros aspectos, os procesos de conversión, a tecnoloxía de gasificación, pirólisis, os biocarburantes, outras aplicacións, a biomasa térmica ou os modelos de negocio (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento). Iníciase o próximo 10 de outubro e finaliza o 14 de novembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 01/10 ou ata que se esgoten as prazas.

SOLICITUDE DE PRAZA

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.