Nova edición do curso de enerxía solar térmica

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organiza unha nova edición do curso «Enerxía solar térmica».

É un curso gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O curso está dirixido a alumnos interesados neste campo e aqueles que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis global desta tecnoloxía (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten unha duración de 60 horas en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento).

Esta nova edición do curso comezará o 19 de marzo e rematará o 23 de abril. O prazo de inscrición se pechará o 10 de marzo ou antes si se esgotan as prazas, que son limitadas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.