Neste obradoiro preséntanse diferentes ferramentas de xestión enerxética e como a través dun software pódense conseguir importantes aforros obtendo datos de consumo enerxético online.
A monitorización enerxética marca o perfil de consumo, e permite verificar erros corrixibles que se poidan estar cometendo sen ser conscientes do seu propio consumo de enerxía, xa sexa en edificios ou en entornos industriais.
A monitorización enerxética permite controlar as instalacións de aire acondicionado, cámaras frigoríficas, iluminación, edificios en xeral ou instalacións auxiliares da fábrica.
No obradoiro coñeceranse exemplos prácticos e casos de éxito de implantación de sistemas de monitorización enerxética tanto en entorno residencial como en industrial. Tamén sobre a súa integración con módulos de produción, capaces de relacionar a información de produción en tempo real, coa produción con consumo de enerxía, facilitando o seguimento e control de indicadores enerxéticos por referencia, liña de fabricación, quendas… e establecer alertas sobre posibles desviacións.
PROGRAMA
– Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. Apertura y moderación del evento.
– Alberto Álvarez Quiroga – INNPLICA. «Xestión de obradoiros, necesidades colectivas».
– Luis Felipe Fernández Fernández – STECHOME. “La monitorización al servicio de la rehabilitación energética”.
– Carlos Vázquez-Pimentel – CO2 SMART TECH. “Beneficios de la gestión energética en la industria”.
– Fermín Abella – SEDICAL. “Integración de los datos de energía para su gestión”.
O obradoiro celébrase o venres 9 de febreiro de 2024, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, online ou na sede de Cluergal (os relatores se conectan online).
Forma parte do ciclo de Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0. Aforro Enerxético e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste: