Cluergal (Clúster de Enerxías Renovables de Galicia) organiza unha nova edición de seu curso de «instalacións de alumbrado». É un curso gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está orientado a alumnos que desexen introducirse neste sector e tamén para aqueles que tendo coñecementos parciais desexen adquirir unha visión máis completa (consultar o PROGRAMA DO CURSO).
O curso de instalacións de alumbrado ten unha duración de 60 horas e impártese en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma 24 horas).
Esta nova edición do curso comeza o 15 de febreiro e remata o 21 de marzo. O prazo de inscrición remata o 6 de febreiro.
Poden inscribirse exclusivamente traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.
CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.