O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia organiza unha nova edición do curso de hidróxeno renovable impartido con enorme éxito no ano 2023. É un curso gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está orientado a alumnos que desexen introducirse neste vector enerxético con tanta potencialidade para Galicia. Aqueles con coñecementos parciais tamén poden adquirir unha visión máis completa (consultar o PROGRAMA DO CURSO).
Este curso de hidróxeno renovable ten unha duración de 60 horas e impártese en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento).
Esta nova edición do curso de hidróxeno renovable comeza o 8 de febreiro e remata o 14 de marzo. O prazo de inscrición remata o 30 de xaneiro.
Poden inscribirse exclusivamente traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.
CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
É posible solicitar plaza para unha posible segunda edición, pendiente de datas.
SOLICITUDE DE PRAZA
Esta solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.