Neste obradoiro analizaranse os avances no sector da iluminación LED e os avances no campo da eficiencia enerxética na iluminación mediante a dixitalización.
Presentaranse as instalacións de iluminación dende o punto de vista da dixitalización nos diferentes procesos do inventario, da xeolocalización e do sistema de xestión asistida por ordendor para o mantemento das instalacións enfocadas ao aforro e eficiencia enerxética.
Tamén presentaranse as posibilidades dunha ferramenta dixital como Dialux EVO, o software completo e gratuíto que permite crear proxectos de iluminación profesionais, avaliando tanto a incidencia da luz natural no interior como a luz artificial proposto, a través de “escenas” de iluminación.
No obradoiro se presentarán as diferentes aplicacións e marcos normativos que se poden completar coa realización de estudos luminotécnicos (tanto para iluminación interior e exterior) coa aplicación, entre outras, de:
– Necesidades de confort e beneficios visuais das persoas.
– Niveis de iluminación para garantir a seguridade e a saúde no traballo.
– Eficiencia enerxética das instalacións.
Finalmente presentaranse os sistemas de telexestións intelixentes integrados nos centros de mando das instalacións de iluminación.
PROGRAMA
– Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. Apertura y moderación del evento.
– Alberto Álvarez Quiroga – INNPLICA. «Presentación y programa de Obradoiros de Dixitalización 4.0. Necesidades individuales».
– Roberto Carlos González Fernández – INGENIERÍA URBANA. “La digitalización en las instalaciones de alumbrado. Desde el inventario GIS hasta el GMAO”.
– Wilfredo Santana Alonso – OHMIUM INGENIERÍA INDUSTRIAL. “Cálculo de instalaciones de alumbrado mediante DIALux evo”.
– Iago Martínez Garrido. EDIGAL. “Telegestión de alumbrado. Los centros de mando como nodos de comunicación”.
O obradoiro celébrase o xoves 25 de xaneiro de 2024, dende as 17h00 ás 18h30, na sede da CEP en Vigo (R/ García Barbón 104). Ver Mapa. Espacio networking ao finalizar o evento.
Forma parte do ciclo de Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0. Aforro Enerxético e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste: