O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organiza unha nova edición do seu curso sobre vehículos híbridos e eléctricos e o seu mantemento. Trátase dun curso gratuito que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Este curso está dirixido a todos aqueles que desexen adentrarse neste nova tecnoloxía ou que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis completa (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas, en modalidade “Teleformación” (pódese acceder á plataforma en calquera momento).
Esta edición do curso comeza o 30 de xaneiro e remata o 5 de marzo. O prazo de inscrición remata o 21 de xaneiro.
Poderán inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.
CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
As prazas son limitadas. A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.