Cluergal organiza un novo curso gratuíto sobre comunidades enerxéticas. Trátase dun curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Este curso está dirixido a todos aqueles que desexen introducirse no eido das comunidades enerxéticas, tanto dende un plano xurídico como técnico (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento).
Este curso comeza o 1 de febreiro e remata o 7 de marzo. O prazo de inscrición remata o 23 de xaneiro.
Poderán inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.
SOLICITUDE DE PRAZA
A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.