Nova edición do curso de enerxías renovables de Cluergal

Cluergal organiza unha nova edición do seu curso gratuíto sobre enerxías renovables. Trátase dun curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Este curso está dirixido a todos aqueles que desexen adentrarse no sector das enerxías renovables ou que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis completa (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten unha duración de 60 horas, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento).

Esta edición do curso comeza o 25 de xaneiro e remata o 29 de febreiro. O prazo de inscrición remata o 16 de xaneiro.

Poderán inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.