Congreso ENERDIXITAL 2023 (A Coruña, 23 e 24 de novembro)

Cluergal organiza os próximos días 23 e 24 de novembro na Coruña o CONGRESO ENERDIXITAL 2023. Este VI CONGRESO SOBRE AFORRO ENERXÉTICO, ENERXÍAS RENOVABLES E NOVAS TECNOLOXÍAS celébrase na sede do Instituto Tecnológico de Galicia, colaborador do evento, que contará tamén coa financiación da Deputación da Coruña.

ENERDIXITAL 2023 será novamente un importante punto de encontro de profesionais do sector enerxético e tecnolóxico. A edición de 2022 celebrouse en Ferrol.

As sesións celébranse polas mañás do xoves 23 e o venres 24. O primeiro día estará adicado á «Dixitalización en xestión enerxética e mantemento» e o segundo á «Dixitalización e transición enerxética en entornos industriais e portuarios» (consultar programa).

O xoves 23 pola tarde celébrase unha visita a Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de Intelixencia Artificial aplicada a drones que o Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) está a desenvolver na Cidade das TIC de A Coruña.

Toda a información do evento pódese consultar na web: www.enerdixital.com

Pódense facer as inscricións (gratuitas) a través da web do evento ou diretamente a través deste: