Cluergal organiza os próximos días 23 e 24 de novembro, o VI CONGRESO SOBRE AFORRO ENERXÉTICO, ENERXÍAS RENOVABLES E NOVAS TECNOLOXÍAS (ENERDIXITAL 2023).
Este ano celébrase na Coruña, na sede do Instituto Tecnológico de Galicia, colaborador especial do evento, que conta coa financiación da Deputación da Coruña.
Enerdixital volverá a ser un importante punto de encontro entre investigadores e profesionais do sector enerxético a redor do binomio formado por enerxía e dixitalización. A edición de 2022 celebrouse en Ferrol coa asistencia aproximada dun centenar de participantes.
O Congreso abordará novamente temáticas coma renovables, aforro e eficiencia enerxética, mantemento, iluminación ou movilidade eléctrica a través de proxectos e solucións cunha compoñente relacionada coa dixitalización.
Hoxe ábrese a convocatoria para a presentación de comunicacións. As comunicacións presentadas terán carácter científico, tecnolóxico ou divulgativo. A selección faina un Comité Técnico de Expertos. Na sua evaluación, dará preferencia a aquelas presentacións de carácter innovador, que aporten novedades centíficas ou tecnolóxicas, actuacións emblemáticas ou que teñan incidencia relevante no sector.
Pódese presentar proposta de ponencia dende o 17/10 ata o 30/10 a través deste FORMULARIO.
A asistencia ao Congreso é de balde. En novembro abrirase o prazo de inscrición.
Toda a información na web do Congreso: www.enerdixital.com