Cluergal na Mesa para o Desenvolvemento Renovable e Industrial de Galicia

8 asociacións e organizacións sectoriais e sindicais vencelladas directa ou indirectamente ás enerxías renovables, entre elas Cluergal, acordaron este 26 de setembro a creación da Mesa para o Desenvolvemento Renovable e Industrial de Galicia (MDRIG) nunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela.

Os principais obxectivos son a defensa do futuro enerxético e industrial; o seguimento continuo e exhaustivo da situación e as súas implicacións; e a elaboración dun estudo que cuantifique o impacto económico, laboral e social do sector enerxético e a súa repercusión na industria; así como instar ás diferentes Administracións axilidade, estabilidade e garantías que permitan avanzar con seguridade xurídica no desenvolvemento enerxético e industrial de Galicia. Ver comunicado completo na páxina de EGA (Asociación Eólica de Galicia).

Por parte de Cluergal asistiron o seu presidente José Ramón Franco e o seu xerente Oriol Sarmiento.