José Ramón Franco, presidente de Cluergal, participou como relator na «Xornada de boas prácticas na administración», celebrada o día 21 de marzo no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol. A xornada forma parte da Semana da Administración Aberta organizada pola Xunta de Galicia.
A intervención formou parte da charla inicial, relativa ás enerxías renovables, formación profesional, capacitación e saídas profesionais no sector. A xornada estaba dirixida a estudantes de ciclo superior de formación profesional de varios centros da comarca.
O acto contou ca participación de Ana Cimas, xefa de área na Coruña da Axencia de Turismo de Galicia, ademais de entidades vinculadas á tecnoloxía ubicadas no CIS como é o caso de Cluergal e do CESENA, representada por Javier Fernández.