Congreso ENERDIXITAL, adicado a enerxía e dixitalización, celebrado en Ferrol

Os días 24 e 25 de novembro, o Clúster Galego de Enerxías Renovables (CLUERGAL), co financiamento da Deputación da Coruña, organizou en Ferrol o Congreso ENERDIXITAL.

Participaron máis de 100 congresistas e 25 relatores que presentaron tendencias e solucións de futuro en materia de enerxías renovables, eficiencia enerxética e dixitalización.

O xoves 24 celebrouse o acto de inauguración. Nel participaron Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, Juan Ignacio Rodríguez, director de enerxía do Inega, Bernardo Fernández, deputado provincial da Deputación da Coruña e Ángel Mato, alcalde de Ferrol.

Ese mesmo xoves celebráronse as dúas primeiras sesións, adicadas á dixitalización de redes eléctricas e smart grids e á xestión enerxética de edificios e industrias.

Finalmente os congresistas realizaron unha visita ao estaleiro de Navantia en Ferrol. En concreto, coñeceron o xemelgo dixital e a subestación 4.0 construída recentemente nas súas instalacións.

As dúas últimas sesións celebráronse o venres 25. Adicáronse a transición ecolóxica e ás enerxías renovables e á dixitalización do sector enerxético e industrial.

O discurso de clausura estivo a cargo do presidente de Cluergal, José Ramón Franco.