Cluergal organizará en Ferrol o Congreso ENERDIXITAL 2022

Cluergal organizará en Ferrol, os días 24 y 25 de novembro, o V CONGRESO SOBRE AFORRO ENERGÉTICO, ENERXÍAS RENOVABLES E NOVAS TECNOLOXÍAS (ENERDIXITAL 2022). Conta coa financiación da Deputación da Coruña.

Este Congreso celébrase coa clara vocación de ser un punto de encontro entre investigadorese profesionais do sector enerxético en Galicia.

ENERDIXITAL abordará diferentes temáticas como son as renovables, o aforro e eficiencia enerxética, mantemento, iluminación, movilidade eléctrica,… e en todas elas estará presente un vector da importancia da dixitalización.

Este 24 de octubre ábrese a convocatoria para a presentación de comunicacións, aberto a membros do sector en Galicia e outras comunidades autónomas. Para a súa aceptación realizarase unha selección por parte dun Comité Técnico de Expertos.

As comunicacións presentadas terán carácter científico, tecnolóxico ou divulgativo. Na sua evaluación, o Comité Técnico dará preferencia a aquelas de carácter innovador, que presenten novedades centíficas ou tecnolóxicas, actuacións emblemáticas ou que teñan incidencia relevante.

Pódese presentar propostas de ponencias dende o 24/10 ata o 04/11 a través deste FORMULARIO (DESHABILITADO).

A asistencia ao Congreso é de balde previa inscripción a través deste FORMULARIO (INSCRICIONS)

Toda a información na web: www.enerdixital.com