Aberto o prazo de presentación de ponencias para ENERCOR 2026 | Ferrol 3/12 e 4/12

Cluergal organizará os próximos 3 e 4 de decembro, en Ferrol, o II Seminario sobre o Sector Enerxético na Provincia da Coruña (ENERCOR 2026), unha iniciativa que conta co financiamento da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.

O seminario nace co obxectivo de consolidarse como un punto de encontro para profesionais, empresas, investigadores e persoas interesadas no sector enerxético, favorecendo o intercambio de coñecementos, experiencias e iniciativas relacionadas coa enerxía na provincia da Coruña.

Ao longo das dúas xornadas, ENERCOR 2026 abordará diferentes ámbitos de actualidade, como as enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética, o mantemento de instalacións, a iluminación, a mobilidade eléctrica e outras cuestións vinculadas á innovación e ao desenvolvemento do sector.

Xa está aberta a convocatoria para a presentación de comunicacións, que serán avaliadas e seleccionadas por un Comité Técnico de Expertos. Os traballos poderán ter carácter científico, tecnolóxico ou divulgativo, e valorarase especialmente o seu grao de innovación, a presentación de avances científicos ou tecnolóxicos, a exposición de actuacións emblemáticas e a súa relevancia para o sector enerxético. Tamén se terá en conta a vinculación das propostas coa provincia da Coruña.

O prazo para a presentación de comunicacións permanecerá aberto ata o 6 de novembro de 2026. As persoas interesadas poderán enviar as súas propostas a través do seguinte formulario:

Aínda non está publicado o programa pero xa é posible inscribirse ao evento a través deste: