Cluergal celebrou en Ourense unha nova charla sobre aforro e eficiencia enerxética

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) celebrou o pasado mércores 14 de outubro en Ourense a terceira charla da súa campaña de divulgación sobre boas prácticas en aforro e eficiencia enerxética, organizada en colaboración coa Xunta de Galicia. O encontro, celebrado en La Zapatería del Abuelo, permitiu achegar á cidadanía recomendacións prácticas para reducir o consumo de enerxía, mellorar a eficiencia nos fogares e fomentar un uso máis responsable dos recursos enerxéticos. Durante a sesión abordáronse hábitos cotiáns e medidas sinxelas para optimizar o consumo, reducir o gasto económico e mellorar o confort doméstico, dando continuidade ás xornadas celebradas anteriormente en Santiago de Compostela e Vigo.

A próxima cita será o mércores 21 de outubro en Ferrol, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Aforro de Enerxía. Esta cuarta charla, titulada «Boas prácticas en aforro e eficiencia enerxética», terá lugar en AN STRATO (rúa Igrexa, 36) e permitirá continuar achegando os coñecementos sobre eficiencia enerxética á sociedade galega. A asistencia será libre e gratuíta, previa inscrición, nunha iniciativa que busca sensibilizar sobre a importancia dos pequenos xestos e hábitos de consumo para avanzar cara a un modelo enerxético máis eficiente e sostible.