Cluergal celebrou en Vigo a segunda charla sobre aforro e eficiencia enerxética

Cluergal celebrou o pasado xoves 17 de setembro en Vigo a segunda charla da súa campaña de comunicación e divulgación sobre aforro e eficiencia enerxética, organizada coa colaboración da Xunta de Galicia. Tras a primeira sesión desenvolvida en Santiago de Compostela, esta nova convocatoria permitiu achegar á cidadanía información sinxela, útil e aplicable á vida cotiá para reducir o consumo de enerxía, mellorar o confort e avanzar cara a un modelo enerxético máis responsable e sostible.