Enerximar | IV Foro de Enerxías Mariñas e Eólica Offshore en Galicia | A Coruña 23/10

As enerxías mariñas e a eólica offshore están chamadas a desempeñar un papel estratéxico na transición enerxética e no desenvolvemento industrial dos territorios costeiros. Grazas ao enorme potencial dos recursos mariños e ao avance de tecnoloxías como a eólica mariña flotante, este sector representa unha oportunidade clave para impulsar a descarbonización, fortalecer a cadea de valor industrial e xerar emprego cualificado.

Galicia conta con capacidades industriais, tecnolóxicas e loxísticas diferenciais para posicionarse como un referente no desenvolvemento da enerxía eólica offshore e das enerxías mariñas no Atlántico europeo. Neste contexto, Cluergal organiza a cuarta edición de ENERXIMAR, xornada sobre enerxías mariñas e eólica offshore, como punto de encontro para empresas, institucións e axentes do ecosistema enerxético-marítimo.

ENERXIMAR 2026 celebrarase no salón de actos da sede da Autoridade Portuaria da Coruña o próximo 23 de outubro de 2026, organizado por Cluergal, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Porto da Coruña.

Programa pendente de publicación.