O hidróxeno verde perfílase como un dos grandes vectores enerxéticos da transición cara a unha economía descarbonizada. Producido mediante electrólise da auga empregando electricidade procedente de fontes renovables, permite almacenar enerxía limpa, descarbonizar sectores difíciles de electrificar (industria pesada, transporte de longa distancia ou determinados procesos térmicos) e reforzar a seguridade e autonomía enerxética.
Nun escenario de transformación do sistema enerxético, o hidróxeno verde abre novas oportunidades industriais, tecnolóxicas e de desenvolvemento territorial, converténdose nun elemento clave para avanzar cara aos obxectivos climáticos e de competitividade a longo prazo.
Neste contexto, Cluergal organiza anualmente H2GAL – xornada sobre hidróxeno verde en Galicia, que ata o de agora celebrou 4 edicións en diferentes localidades galegas (A Coruña, Vigo, Silleda e Ferrol).
A V edición da xornada sobre hidróxeno verde en Galicia celebrarase no CIS de Ferrol o próximo 11 de setembro de 2026, organizada por Cluergal, coa colaboración da Xunta de Galicia.
Programa pendente de publicación.

