AEROMEDIA

Presentación:

AEROMEDIA é unha empresa galega especializada en servizos técnicos con dron (UAS) aplicados ao sector eólico, orientada á inspección, análise e seguimento de infraestruturas xeradoras de enerxía renovable.

Servizos

Desenvolvemos traballos de inspección visual e termográfica de aeroxeradores, torres, pas e compoñentes asociados, permitindo a detección temperá de defectos, danos estruturais ou anomalías operativas.

Prestamos servizos de apoio técnico para mantemento preventivo e correctivo, supervisión de montaxe e desmontaxe, revisión LPS con dron, inspección sen parada de rotor, control de obras civís e documentación do estado das instalacións, reducindo tempos de parada e minimizando riscos para o persoal técnico.

Empregamos drons e sensores profesionais, aplicando procedementos estandarizados de captación e análise de datos, sempre baixo estrito cumprimento da normativa aeronáutica e dos protocolos de seguridade industrial.

O noso obxectivo é mellorar a eficiencia operativa, optimizar custos de mantemento e achegar información precisa e fiable para a toma de decisións no ámbito da enerxía eólica.

Datos de contacto:

Carretera N VI, Km. 581, (Centro de Negocios BK 1º) 15165. Bergondo. A Coruña

Servizos con drones

CONSULTORÍA E ESTUDOS, OPERACIÓN E MANTEMENTO, ACTIVIDADES DE I+D